Released on October 10, 2018

Thumbnail

[Intro]

- ¿Mamá es comunista?

- No

- ¿Y yo?

- Bueno… ¿y si te sometes a la prueba oficial? Mamá te ha hecho tu

Almuerzo favorito...

- Jamón y queso

- Jamón y queso. Y en el colegio ves a alguien sin nada que comer. ¿Qué

Haces?

- Compartir

- Compartir… ¿no… no le dices que se busque un trabajo?

- ¡No!

- Ah, le ofreces un préstamo al seis por ciento… Ah, muy inteligente…

- ¡Papá…!

- ¡Ah! ¡Haces como si no lo vieras!

- ¡Nooo…!

- Vaya, vaya… ¡Pequeña comunista…!


[Letra de Pólvora e Tormenta]

Liberal no económico, moi facha no social

Patriota de pulseira, de gomina e de Mundial

O partido que che mola é o partido xudicial

Porque todo o diferente para ti é ilegal, ha!

Todo iso é pura hipocresía

Como dicir que nos dá seguridade a policía

Como dicir que nos dá moito prestixio a monarquía

Como buscar a paz nalgunha sacristía

Don't stop, don't stop, don't stop the beat

Dende a costa noroeste formando este dream team

“Pero vamos a ver, ¿qué pone en tu DNI?”

O único carné que gardo é o do clube Xabarín

Tás a rir, si, pero temos un dilema:

A xustiza neste Estado nunca pagou a pena

Fóra bromas, ei, que me apliquen a condena

Pedimos asilo belga cando saia este tema

Desa auga choca non bebo

Somnífero elixir do demo

Vendes a ialma facendo cash, es trash

Eu trafico rimas, crisantemos

E xa non hai retorno

Só o contorno de miles que axexan

Tá estourando ese forno

A estrutura treme e o futuro latexa

Temos vivas na memoria

As derrotas e as vitorias

Cando a clase está famenta

Xa non queda opción, voltan pólvora e tormenta

Temos dignidade, orgullo

De saber quen move o mundo

Cando a clase está famenta

Xa non queda opción, voltan pólvora e tormenta

Facemos nova canción para crear primaveras

Non somos influencers, somos almas subversivas

Con Viglietti e Benedetti animándome no canto

Vai pola revolución, non por pasar o rato

Que esta letra sae dun zulo, non dun Airbnb

Por iso teño dignidade e son clase como as kellys

Xa basta de pelis, de letras confeti

Deseño polas noites os planos do novo Kremlin

Easy, man, e ocupa o teu espazo

Destroza un Sportium e aposta polo barrio

Por Pablo Casado, morrendo afogado

E Rivera chorando, tentando salvalo

Nós valemos máis que a bala que nos mata

Chegamos aquí levando solas de alpargata

Coas pibas aborteras e os riders na vangarda

Rendirse xamais, sobra esperanza

Police, police, protéxeme

Do sono do inmigrante

Financiamento, apértame

Afoga o importante

E xa non hai retorno

Só o contorno de miles que axexan

Tá estourando ese forno

A estrutura treme e o futuro latexa

Estribillo

Que mágoa ese activismo que se perde en internet

Condenado ao esquecemento como un produto de OT

Somos pólvora que prende cando non ten que perder

Quen da fame que sufriu ten instinto de morder

Fight must go on, bro, que a nós non nos engana

Ningún torturador como o señor Grande-Marlaska

Nin ídolos de lama que semellan porcelana

Decepción como o Coleta nun vídeo de C. Tangana

Isto non para, isto é lume subterráneo

Deixando alma e lombo pra defender o barrio

Non serven talonarios nin todo o voso ouro

Dende Monte Alto co espírito de Compton

Morra xa este conto, que chegue outro dust bowl

Que soterre os nosos medos baixo as nosas ilusións

Cando só queden escombros do que antes fora dor

Seguiremos sendo nenos, debuxando soños no po

Tan parvas non somos, señor xuíz

En que me violen non hai ningún matiz

Se con lírica contraataco é o que me queda

Caga a sentencia, abres a veda

E xa non hai retorno

Só o contorno de miles que axexan

Tá estourando ese forno

A estrutura treme e o futuro latexa

Estribillo