Estrías coma estradas hai nas túas pernas

Que percorro na procura dunha vida eterna

Mais só vexo na caverna siluetas tan informes...

Só me queda chorar como fan as que son fortes

Coma o verme que se mete dentro da froita madura

Quero paz, soñar cun refuxio nesta noite escura

E crebar coas túas ataduras

Trazar un plan de coidados pra curarnos as fisuras

Atopo a túa cara nos recunchos da cidade

Trobo nesta soidade versos pola inmensidade

Da distancia entre nosoutras neste mundo

Que separa máis ca nada, que nos unе nun segundo

Collo o tren coa brétema nos ollos

Pеnso na mañá e nos intres que son nosos

Nin de teu, nin de meu e con nomes propios

Cun valor incalculable no carreiro sinuoso

Protéxeme da bátega nos soportais

Prometo liberarnos do que doe, dos quizais

Mais non creo nos milagres, tampouco no porvir

Só creo na lembranza cando deixe de existir

Tamén creo en ti, desfrutando cada punto e coma

Refutando cada axioma nun sorriso que agroma

Neste instante, no xigante dun agora

Colle a miña man, hai un mundo alá fóra

Para que lamentar?

Se algo non fixemos, que non pese na razón

Sen deixar de loitar

Tócanos mimar todas as contradicións

Xa non vale caer

Con apoio superamos todo aquilo que fai mal

Nin deixar de correr

Coidando cada paso sen fixarnos no final

Mírote de fronte cun quérote entre dentes

Bástame un instante pra seguir contigo adiante

Ás veces síntome valente, pois parece suficiente

Que sexamos diferentes, mais xuntas ingobernables

As ganas de apertarte non hai dispersión que as free

Nin é unha opción ceder por moito que nos disparen

Non existen normas das que queren impoñer

Que a arte de querer se sostén na liberdade

Ir de viaxe a Cuba e a onde ti queiras chegar

Se un día nos encerran lembrarei eses momentos

O reflexo nos teus ollos do poder popular

E os corazóns conectarán entre as celas de illamento

Sendeiros paralelos, pero que sexan distintos

A andar sempre no mesmo xa non lle vexo sentido

Aínda que nos separemos seguro que coincidimos

Cruzarémonos nas rúas porque sobran os motivos

Somos forza e rabia, somos pura alegría

Se esquecemos a tenrura péchase toda saída

Chegamos ata aquí grazas á mesma utopía

Que neste mundo amar é alegar á rebeldía

Non mires cara arriba, que aínda que vaia chover

Se ao final imos ser cinzas abofé que imos arder

Que manter a chama viva non sexa cuestión de fe

Deitarse ao teu carón significa estar en pé

Para que lamentar?

Se algo non fixemos, que non pese na razón

Sen deixar de loitar

Tócanos mimar todas as contradicións

Xa non vale caer

Con apoio superamos todo aquilo que fai mal

Nin deixar de correr

Coidando cada paso sen fixarnos no final

A dez centímetros de ti, case sinto o teu impacto

Agocho con premura a vontade de contacto

Un pouco máis, son indeciso

Pero todo vai ben, non me agobio se improviso

Roubamos centímetros, só nos quedan tres

E sinto tras de min o rozar da túa pel

O guión desbotado dunha peli inconclusa

É Marla asustada en El club de la lucha

Eu non vou mentir, dicir que todo irá ben

Pero me comprometo a non mentir no querer

Sen falsas promesas, nin xogar ao que non son

A dialéctica está aí, non lle escapa nin o amor

Non é pesimismo, nin rachar a ilusión

Vai de afrontar con respecto toda decisión

Sen agochar a dor, nin as contradicións

A cabeza está aí, pero non nega o corazón

Superamos a noite, con alegre aleivosía

Camiñamos agochadas na batalla clandestina

Construímos un refuxio en cada misión

No medio da acción, amosamos convicción

Non sei onde estaremos

Cando conquistemos todo o que queremos

Pero sei, pensarei

Naquela guerrilleira coa que tanto soñei

Para que lamentar?

Se algo non fixemos, que non pese na razón

Sen deixar de loitar

Tócanos mimar todas as contradicións

Xa non vale caer

Con apoio superamos todo aquilo que fai mal

Nin deixar de correr

Coidando cada paso sen fixarnos no final

Armados de claveles sin una excusa concreta

Repoblamos los cañones de todas las escopetas

Para demostrarle al mundo, sin perder el rumbo

Que solo estos versos van cargados de futuro

Para que lamentar?

Se algo non fixemos, que non pese na razón

Sen deixar de loitar

Tócanos mimar todas as contradicións

Xa non vale caer

Con apoio superamos todo aquilo que fai mal

Nin deixar de correr

Coidando cada paso sen fixarnos no final

There’s a ring around the moon