Mirada interna

By SonDaRúa

On Eterno Combate

Released on April 24, 2020

Thumbnail

[Letra de "Mirada interna"]


[Estrofa 1: Alex Arnoso]

Neste idioma, sono universal, esperanto

Lágrimas no tempo, Taj Mahal

Teu mausoleo visiteino, estaba mal

Os seus beixos atopeinos no Nepal, levitando

Como súcubo na habitación, na que descanso en falso

Aquí non hai remanso, parálise do sono, pálidos tonos

Os meus medos están medrando sen abonos

Taquicardia, presión no pulmón, fobias fuxen fóra

En forma de canción, estou estraño, dubido de quen son

Noto outra despersonalización, somos clons, penso con

A cabeza rota, mentres fumes flotan neste vagón

Non derramo gotas de frustración, endorfinas libero

Nestes renglóns, ambrosía, alimento dentro nestes días

Nos que versos moi perversos fanme ter misantropía

Alevosía, premeditación, un querubín afástame da salvación

Estou no averno, ciao San Pedro, non me deixou entrar

Polo que escrebo no caderno, frío inverno, pálpebras finas

Calma auténtica sen benzodiacepinas


[Estrofa 2: Hugo Guezeta]

Nacín un 22, inconformista, ma'

Non tiven pistola pero quixen disparar

Enfadado porque o mundo non me chista na'

Ti rapeas para ti ou para Instaghram?

Artista? na', case quedo no intento

Rápido cando entro, pálido con talento

Cálido sentimento, tráxico pero lento

A todo Cristo desconcentro, estou rimando a un dez por cento

Na' na', xa non che son o mesmo de "Episentro"

Por que ghardei para min o que sufrín para dentro?

Por que finxín ante todos vós estar contento?

Porque só un mesmo sabe curar seu lamento

Monógamo de mente, bígamo do sinte

Fodo con cada beat, póñolle os cornos co seguinte

O cora' si arrepinte, e sempre vai de fronte

Fiquei sen horizonte dende que pasei os vinte

Os teus colegas minten, están decíndoche que vales

Logo rinse tras de ti coma chacales

Vin tantas cousas que case mellor que cale

Déchesme tanta forza que case mellor que fale

Non hai segredos neste puto panorama

Onde cando despunta un, o resto fala

Pelexan polas migallas, pana

Están botando merda enriba por unha efímera fama, no drama