Released on May 22, 2019

Thumbnail

[Letra de "Éxodo"]


[Intro: Navia Rivas]

Deixo amigos por extraños, deixo a terra polo mar

Deixo en fin canto ben quero, quen puidera non deixar


[Verso 1: Alex Arnoso]

Escoita o ar nega, morto de pena

Escuro vai chorar polos que non están prá cea

Polos que xa tiveron que marchar, lonxe do lar

Que non van voltar hai que parar, ondea

A media asta colgada desa azotea

Unha bandeira treme por esa condea

A terra triste non ten ninguén pa' abrigar

Moitos lonxe do seu lar, e sen cartas pra que lean

Fai cincuenta anos foise o meu avó

Agora é miña irmá quen monta nese vóo

De nós depende que eles poidan retornar

Só nos queda loitar ou ter fotos cheas de po

Sho, sho, non é noso ese destino

Pra Suíza mandan cartos, os probes mandan seus fillos

Tanta tinta tonta malgastada en folios de promesas incumplidas

En favor dos monopolios, o espolio sigue en marcha

Mentiras non emparchan, sangue fría nesas vías que se escarchan

Fariseos leo e creo ser un reo, creo versos presos

Nestes textos tersos son ateo, vendo o ceo xa estou cheo de

Eses Morfeos que, rouban soños ou retoños coma igrexa, ou qué?

Tantos centos lonxe deste puro Edén, Adán non mordeu mazás

Pero a serpe segue ben, bang! bang! Artemisa apunta raro

Son certeiros case sempre os seus disparos

Somos a presa perfecta iso está claro

Que volten os presos, que volten os emighrados!


[Retrouso]

Que volten á nosa terra

Que remate isto duha vez

Aquí seguimos en pé de guerra

Loitando por elas, non imos retroceder

Esta nazón non se enterra

Eles non van poder

Somos a voz das que berran

Levamos nas veas a semente de vencer


[Verso 2: Hugo Guezeta]

Escrebo para que pare, ai para velas regresare

Saíndo polo ar, van saíndo polos mares, xa decía Rosalía

Galiza sen mulleres quedas que te poidan traballare

E sen homes, e sen cristo bendito

Dáme un micro, non claudico aínda que sexa delito

Expresarse, e que fagho con isto, parse?

Autocensurarse é que ghañen os de sempre

E non quero darlles eu esa alegría

Quero frear a hemorraxia, a sanghría

Pola Iria, por Lore polo Martinho

Por toda ghalega que emprendeu ese camiño

De vértigho, que non, carallo, non dou crédito

A que liscar da nosa terra sexa mal endémico

O seu séquito terá chollo por ENCE

Por Eulen, por Audasa ou na deputación de Ourense

Crense ghobernadores desta matria e mandan

Pero non ghobernan nesta parcela

Señorito dos Peares sepa usted

Quen condena a súa terra non merece nada dela

4rela, estamos vivindo en Mátrix

Os soños dunha xeración rematan nunha esquela

Como esa vítima laiándose de tere confiado

Nese porco de merda que xa acoitela

Xa! Xa! Imos frea-los camarada

Encher de orghullo e de forza cada mirada

Mulleres libres na Ghaliza liberada

Que volten as presas que volten as emijradas!!


[Retrouso]

Que volten á nosa terra

Que remate isto duha vez

Aquí seguimos en pé de guerra

Loitando por elas, non imos retroceder

Esta nazón non se enterra

Eles non van poder

Somos a voz das que berran

Levamos nas veas a semente de vencer