Released on April 24, 2020

Thumbnail

[Letra de "Cátedra"]


[Intro: Alex Arnoso]

Hugo, que? Ensinámoslle a rapear a esta xente ou que?

Como sona esto. Dálle, meu


[Verso 1: Hugo Guezeta]

Flotando fume denso reflexado no vao

Conspirando, o libro vermello de Mao

Falando do meu ghrupo panda de iluminaos

E xa petábamos salas antes do tema con NAO

So check it out, isto sí que é underground

Teu rapeiro favorito faino todo copia'o

Queren sonar na disco e non sonan en ningún la'o

O teu CD non peta nin ghratis co Colacao

Wow! Eu nunca fun probe

Pero loitei por ti e por ela contra o poder

Canto ganas? Que che move?

Lévase case máis que o manager a fuckin' AP9

Chove bastante pouco, vóltandome louco

Gennaro Gattuso cando brouco, motherfucker

Non é que sexa hater é que o noventa por cento

Do rap español dá noxo coma Rouco

Clásico coma temas de Doble V

Pra espirme escribo, neno, non fan falta nudes

Pra tocar nun festi' non fai falta que me axudes

Que xa demostro o que valo cada vez que agarro un Shure

Dáme ben duro, nena, cálame

Quero que isto sexa puro, sen cara b

Párame ou dáme do teu xarabe

Vai todo ó revés semella que leo en árabe

Rara vez, quixeron atacarme, retirarme

Coma Radamel, Falcao, pero van aviaos

Até cando morra van escoitarme grava'o, yao

Fóra deste tingla'o, limpo o panorama

Non piséde-lo frega'o, yao, panda maleducaos

Até cando morra van escoitarme grava'o


[Verso 2: Alex Arnoso]

Sentado no trono en serio

Sinto como idolatrades xente sen seguir ningún criterio

Nós en estéreo, todos en mono

Conducindo a rotación do ceo son Chronos

Notas os tronos, no meu imperio, soan os tonos

Ricos en medios, non me desafíes nin a líes

Porque pavo igual te fríen mil millón de amperios

Son o deuterio, nesta fusión, chegou o asedio do microphone

Se tentas gañarme nesta merda pode que ó final te perdas

Tom Cruise en misión, imposible que te sintas libre

Estás no curro escoitas ese timbre

Esa arma coa que eles te apuntan

E que soños truncan é de gran calibre

Chámase necesidade, aproveitándose

Dela diñeiro son mares, queren que cales

Nas nosas ideas non verás "for sale"

Son do Grupo B, paso e non me ves

Nota a rapidez, son Ragnotti, cada vez que cres

Que me puido o estrés, chego outra vez, peto Spoti'

25 de decembro nacín, do rap son Mesías vin a pórlles fin

A eses rapeiros de merda que din ser de esquerdas e son o Bertín

Eu non son o king, eu non bebo lean, narro o que sufrín, sangro versos

Entro neste ring, só me teño a min, escoitas Chojin, vai pro Imserso